Proxección e coloquio do filme Federal

Proxección e coloquio do filme Federal

115 115 people viewed this event.

O próximo xoves día 3 de marzo a Asociación Federalista de Galicia proxectará o film-vídeo Federal, que estará comentado polo seu autor Albert Solé. Despois terá lugar un coloquio sobre o filme. Será ás 19.30h no Sede Afundación da Rúa do Vilar, 19.

O reputado documentalista Albert Solé reflexiona sobre o federalismo como modelo político idóneo nun mundo multicultural e diverso.

Historia, presente e futuro dunha proposta que busca conciliar os beneficios da autonomía e a integración en sociedades marcadas pola presencia de identidades múltiples. O estado da cuestión da man de pensadores e líderes políticos de alcance internacional como Daniel Cohn-Bendit, Romano Prodi, Joan Botella, André Lecours ou Emma Bonino. Pero tamén o federalismo explicado dende dentro, a partir da experiencia de cidadáns anónimos: que sabemos, de onde provén, cales son as súas posibilidades nun mundo cada vez máis globalizado. E unha mirada e experiencias e tradicións federais, os éxitos e fracasos do modelo.

To register for this event email your details to asociacionfederalistadegalicia@gmail.com

Register using webmail: Gmail / AOL / Yahoo / Outlook

 

Data e hora

03/03/22 ás 19:30

Compartir