Conferencia «Unha interpretación federal da autonomía de Galicia»

Conferencia «Unha interpretación federal da autonomía de Galicia»

96 96 people viewed this event.

O próximo mércores, día 20 de abril, ás 20.00h a Asociación Federalista de Galicia ten programada unha conferencia titulada «Unha interpretación federal da autonomía de Galicia», impartida polo catedrático en Ciencias Políticas da USC e presidente da Asociación Federalista de Galicia, Ramón Máiz. Será na Sede Afundación, sita na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela.

Ramón Máiz, nado en Tenerife en 1953, é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1975 e doutor pola mesma universidade en 1982, ademais de catedrático en Ciencias Políticas e da Administración da Facultade de Ciencias Políticas, facultade da que foi decano entre 1989 e 1996. É autor de barias obras de ensaio como son O rexionalismo galego: organización e ideoloxía 1886-1907, O sistema político de Galicia. As Institucións, Idea de Nación ou A arte do imposible. Esta última fíxolle gañar en 2010 o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio.

To register for this event email your details to asociacionfederalistadegalicia@gmail.com

Register using webmail: Gmail / AOL / Yahoo / Outlook

 

Data e hora

20/04/22 ás 20:00

Compartir