Conferencia «Federalistas sen federación», impartida polo catedrático de Dereito de Francisco Caamaño

Conferencia «Federalistas sen federación», impartida polo catedrático de Dereito de Francisco Caamaño

16 16 people viewed this event.

O próximo mércores, 26 de outubro a Asociación Federalista de Galicia ofrecerá unha conferencia titulada «Federalistas sen federación», impartida polo catedrático de Dereito Constitucional da Universidade da Coruña, Francisco Caamaño e presentada por Ramón Villares, Catedrático Emérito de Historia Contemporánea da USC. Será ás 19:30 hora na sede de Afundación (Rúa do Vilar, 19), en Santiago de Compostela.

Francisco Caamañio é político, profesor e avogado, nomeado ministro de Xustiza no 2009, cargo que ostentou ata decembro de 2011. É licenciado en Dereito pola USC, universidade na que foi profesor axudante ademais de titular de Dereito Constitucional. En 1993, foi designado letrado do Tribunal Constitucional, en 2001 regresou á Universidade de Santiago e en 2002 recibiu a cátedra de Dereito Consitutcional da Universidade de Valencia, onde permaneceu ata 2004.

Foi tamén militante do PSOE e nomeado por José Luis Rodríguez Zapatero secretario de Estado de Relacións coas Cortes. Neste posto, ocupouse de negociar as primeiras leis aprobadas nesa lexislatura, como a coñecida lei de violencia de xénero e algúns estatutos de autonomía.

To register for this event email your details to asociacionfederalistadegalicia@gmail.com

Register using webmail: Gmail / AOL / Yahoo / Outlook

 

Data e hora

26/10/22 ás 19:30

Compartir