Contactos

Unión de Federalistas Europeos

Las fronteras son el pasado. ¡No desmontemos Schengen! (Manifiesto de la  Unión de Federalistas Europeos, UEF) – Federalistes d'Esquerres

A Unión de Federalistas Europeos (UEF) é unha asociación creada en 1946 co obxectivo de crear unha Europa Federal. Está composta por 20 organizacións contituíntes, activa deste xeito a nivel europeo, nacional e local.

Unión de Europeístas y Federalistas de España

Unión de Europeístas y Federalistas de España

A UEF España nace como a unión de diversos colectivos europeístas. Forma parte da Unión de Federalistas Europeos.

Asociación por una España Federal

A Asociación por una España Federal nace para impulsar o debate arredor á reforma do modelo territorial que España precisa. Foi creada a finais de 2017, coa finalidade de agrupar as asociacións que, no conxunto do territorio, consideran o federalismo a forma de organización máis axeitada para España.

Federalistes d’Esquerres

Federalistes d’Esquerres

Federalistes d’Esquerres ten a súa orixe en setembro de 2012 cando un grupo de cidadáns e cidadás viu a necesidade de abrir un espazo federalista en Cataluña ante o escenario político xurdido trala Diada e a convocatoria de eleccións anticipadas.

Naceu así o Chamamento á Cataluña Federalista e de Esquerdas, un manifesto que recolleu en poucos días máis de 2.600 sinaturas de apoio e culminou o 8 de novembro de 2012 cun acto masivo no Teatro Goya de Barcelona.

Federalistas de Andalucía

Federalistas de Andalucía é unha asociación sen ánimo de lucro constituída en Antequera en 2017.

Federalistas de Aragón

A Asociación Federalista de Aragóns constitúese en Zaragoza en 2017 co obxecto de difundir a idea federalista, establecer relacións con outras asociacións, coadxugar a reforma da Constitución Española en sentido federal e a constitución dunha Europa federal.

Federalistas del País Vasco

Federalistas del País Vasco-Ef comparte con outras asociacións federalistas o reto de dotar ao Estado español dunha estrutura netamente federal.

Madrid Federal

En novembro de 2017 constituíase en Madrid a Asociación por unha España Federal, que sería representada en setembro de 2018 á sociedade e aos medios de información. Foi creada por un grupo de persoas e institucións cuxa intención era buscar saídas e alternativas á necesidade de reformar o estado autonómico español, en liña coas propostas federais, así como intentar conectar os esforzos federalistas de diversas Comunidades ante a difícil situación política que afrontamos e que se foi agravando co paso do tempo.