Estará presidida polo catedrático de Ciencia Política da USC, Ramón Máiz Santiago. Galicia conta coa súa propia Asociación Federalista, logo da súa constitución formal, o pasado 27 de xaneiro en Santiago. Cos obxectivos de impulsar a cultura e a conciencia federal, propiciar a reforma da Constitución neste senso e contribuír á construción dunha Europa federal democrática, xusta e solidaria, a Asociación Federalista de Galicia (AFG) ten marcado xa no calendario o seu primeiro acto oficial. Será o 4 de marzo. A AFG está presidida polo catedrático de Ciencia Política da Universidade de Santiago (USC) Ramón Máiz Suárez, cunha xunta directiva composta por Francisco Caamaño, exministro de Xustiza e catedrático de Dereito Constitucional na Universidade da Coruña (UDC), como vicepresidente; Francisco Candela, exconcelleiro compostelán de Turismo e economista, como secretario; Cristina Ares,…